Unidade

veces xa resulta patética a insistencia sobre a conservación da unidade de España, sen saber se só se trata de manter unido o territorio que leva ese nome e sen se preocupar pouco nin moito de acadar a unidade dos sentimentos que nos diferentes pobos deste país existen. Coido que mentres nos miolos dos habitantes desta nación, existan tan diferentes conceptos do que é a súa Patria, a unidade territorial estará sempre en perigo de rompemento. Quizabes o diferente xeito de ensinar aos rapaces, as diferentes linguas ou o diferente trato dispensado por un goberno excesivamente centralista, teñan ocasionado esa diferenza de sentimentos. Nembargante, o sorprendente é que, onde maior é o desexo de rompemento sexa por parte dos que foron mellor tratados; ou polo menos iso é o que pensa o resto dos que asumen o seu españolismo como sinal de identidade. Por suposto que hai que respectar o dereito de cada un a pensar e sentir. Porque non haberá unidade, sen tolerancia. Non é?

Unidade

Te puede interesar