Transporte

Días atrás, o xornal informaba da posibilidade de aplicar na nosa cidade, uns plans de mobilidade urbana sostible. Podería ser un proxecto importante, sobre todo para os veciños do rural, que son os máis necesitados dun bo sistema de transporte público. Tamén solucionaría problemas a moitas persoas que, aínda residindo en zonas como A Graña, Caranza, ou O Bertón, consideradas urbanas, non o teñen moi doado para se desprazar a outros puntos do Concello. No caso do centro, xa non hai problema, pois que a mobilidade sostible está garantida polo sistema de “sanfernando”, que é un pouco a pé e outro pouco andando; sempre que che respondan as pernas, claro. Por outra banda, habería que artellar un plan de transporte de mercadorías, para rematar coa loita desigual entre camións e peóns, polo espazo vital das beirarrúas, na que por suposto, sempre gañan os máis fortes, aínda que non teñan a razón. Pero hai que entender que eles teñen tamén os seus problemas. Non si?

Transporte

Te puede interesar