Tolerancia

Seica existen moitas opinións e definicións do que é a Democracia, mais para a xente do común non é doado atopar unha definición sinxela desta cuestión. Algúns a definen como un réxime de “harmonía social” no que as leis son a base fundamental; outros identifícana coa tolerancia, é dicir, enténdena como o respecto ás ideas e crenzas dos demais. Coido que esta última é a máis doada de asimilar pola xente do común, malia a dificultade de establecer o que son ideas e o que son crenzas. Segundo algúns filósofos, “as crenzas son a nosa realidade” e deberíanse respectar sempre; porén as ideas, non parecen moi respectables cando alguén, non respecta as ideas e crenzas dos outros e pretende impoñerlles as súas. Isto non parece que poda chamarse democracia, senón sinxelamente, a “lei do funil “: ancho para min e estreito para ti. Xa que logo, o intolerante esixe respecto para as súas ideas, pero xogando coa vantaxe da democracia dos outros. Iso non é facer trampas? 

Tolerancia

Te puede interesar