Titulismo

xa non é de agora, pois desde que teño memoria, e seguramente moito antes, a enfermidade do “titulismo” está presente en case todas as actividades, é dicir, que si non tes un “tituliño”, por pequeno que sexa, non es ninguén. Eis o que parece que aconteceu con ese técnico de Navantia, responsable da construción duns submarinos, que foi denunciado por non ter oficialmente rematada a súa carreira de enxeñeiro. Dise que é un técnico brillante, moi competente, pero algún anónimo envexoso denunciouno, como se houbese cometido un grave delito, por non ter presentado o seu traballo de fin de carreira. Non sei como remataría o asunto, pero espero que ao técnico en cuestión non lle produza máis que un pequeno desgusto. Mais iso dependerá de que os seus xefes sexan persoas suficientemente responsables e xulguen a seu subalterno pola súa verdadeira valía, que é o que posibilita a salientable traxectoria da empresa. Porque non son os títulos os que fan os barcos. Abofé.

Titulismo

Te puede interesar