Tabaco

Xa é moito o que se ten falado e escrito do tabaco, desde calquera dos aspectos industrial, económico, hixiénico ou sanitario, mais coido que non se insistiu dabondo sobre o mal que que produce aos fumadores, meterlle ao corpo toda esa cantidade de materias nocivas que acompañan ao fume do tabaco. Lembro que hai algún tempo, o tabaco era considerado como culpable da morte por cancro de pulmón, maiormente nos homes; mais semella que “a moda”, fixo aumentar moito eses casos en mulleres. Efectivamente hoxe obsérvase que son as mulleres as máis consumidoras de tabaco, facendo necesarias algunhas medidas para mellorar a saúde da parte máis importante da poboación.  E non se trata de prohibicións nin aumento de prezos, se non de convencer, por medio de campañas na tele, nas que, mulleres non fumadoras, destacadas na Moda, na Arte, na Ciencia, no Deporte e, en calquera outra actividade, explicasen as súas razóns de non fumar. Sería un xeito de saír gañando todos. Ou case todos...

Tabaco

Te puede interesar