Solidariedade

Conta a historia que, o noso Ferroliño é unha cidade formada por unha amálgama de persoas vindas doutros lugares da península, atraídas pola posibilidade de atopar un traballo nos estaleiros. Quizais por iso Ferrol non destaca precisamente pola unión e a solidariedade entre as súas xentes nin polo apego a tradicións que son como un sinal de identidade para nós. Semella que o único vínculo ferrolán que se mantén e que nos ata case sen excepcións, é a celebración das “Pepitas”, pois aquelas memorables romarías como a de San Pedro ou a de San Pelayo, xa desapareceron sen deixar rastro. No que atinxe á solidariedade, baste lembrar a falta de apoio do comercio nas folgas de obreiros: “Nosotros no vivimos de la Bazán, si no de la Marina”, dicían. No ano 1949, unha comisión de persoas do centro, pediulle ao Concello que prohibise aos obreiros comer nos portais, porque molestaban aos veciños. Eran tempos difíciles, pero hoxe, se non fose pola Cociña Económica... 
 

Solidariedade

Te puede interesar