Sempre

Fóisenos Mel. Con só 63 anos deixounos un dos máis importantes “compañeiro de fatigas”, desas fatigas diarias que a vida e os malos gobernantes nos fan pasar sen remedio. Xosé Manuel Sanxoán foi un deses inesquecibles compañeiros dedicados a unha loita solidaria e continua na defensa dos dereitos de todos. Activista consagrado, sempre botando unha man alí onde podía axudar, aportando traballo e ideas. Participou nun feixe de agrupacións, asociacións e plataformas, tratando de solucionar problemas e mellorar esta sociedade tan egoísta e insolidaria. Era un dos considerados como “os de sempre”, deses que “sempre son os mesmos”, deses que “sempre están metidos en todo”, deses que tanto molestan ao poder mal empregado. E nos deixa un oco difícil de encher, pois como di a canción, “cuando un amigo se va, queda un espacio vacío, que no lo puede llenar, la llegada de otro amigo”. Era un máis “dos bos e xenerosos”. No meu corazón quedará para sempre. Porque era dos “de sempre”.  

Sempre

Te puede interesar