Segunda volta

olve a estar de actualidade a importancia dunha reforma do noso sistema electoral, tanto polo discriminatorio valor dos votos segundo o lugar de residencia, como pola necesidade de establecer unha segunda volta, no caso de non acadar un goberno no primeiro resultado das eleccións. Xa é sabido que esa especie de “desempate”, está vixente en varios dos estados europeos, así que non se trata agora de “descubrir a pólvora”, senón de adecuar as nosas normas ao xeito de vida actual e tratar de evitar as dificultades coas que nos atopamos unha e outra vez. Se ben se mira, o cambio sería beneficioso, porque reduciría os tempos mortos dos gobernos “en funcións” e sería máis eficaz que unhas segundas eleccións coa mesma cantidade de partidos políticos, que posiblemente non amañarían o problema. Ata sería un pequeno aforro na elaboración das papeletas, pois que na segunda volta só serían dúas posibles, no canto de vinte ou trinta. Claro que alguén sairía perdendo, ou non?

Segunda volta

Te puede interesar