Se cadra

on isto de escribir a touro pasado, parece que vas a remolque dos articulistas de sona, mais, nalgunha ocasión, a miña “visión” adiántase. Eis o caso da colaboración do día tres deste mes, na que expoñía a necesidade de esixirlles aos Deputados unha promesa ou xuramento sinxelo “(sen trapalladas nin andrómenas”), na súa toma de posesión. Pois ben, segundo lin hai pouco, resulta que o PP propuxo no Congreso, a reforma do Regulamento para rematar coas “coletillas” que usan os aspirantes, no acto de acatamento da Constitución. Vaia home, semella que non ía eu moi desacertado! Mais a miña ledicia durou pouco, pois resulta que o Goberno e todos os partidos da “non dereita”, rexeitaron a reforma; se cadra, a proposta non estaba ben presentada; se cadra coartaba a liberdade de expresión; se cadra a ideoloxía importa máis que a lóxica; se cadra sería mellor poñer un pouco máis de seriedade e sentidiño; e, se cadra, eu non sei do que estou a falar. Se cadra, claro.      

Se cadra

Te puede interesar