Republicanistas

Hai xa bastante tempo que escribín nestas “Visións” miñas, que o problema catalán non tiña amaño. En realidade, o que quixen dicir é que, se ten amaño, eu non o coñezo. Hai demasiadas cousas que non entende unha mentalidade normal como a miña. Ou se cadra, a miña mentalidade non é normal. Quen sabe? Mais estas consideracións aparte, o que non remato de entender é aos “republicanistas” separatistas, tendo en conta que xa houbera República en España, contra a que se rebelou a burguesía catalá.  Xa que logo, parece que non é República o que eles queren, senón “a súa República”. E a min gustaríame saber se a República é un sistema de goberno mellor que os demais, ou se a diferenza radica nas características de intelixencia, preparación, honradez e capacidade de traballo, dos homes e mulleres que gobernen. A min tanto me ten, sempre que o fagan ben. Porque coido que iso da República require unha cultura cívica que, se cadra, a xente normal non temos.  Non é?

Republicanistas

Te puede interesar