Rememorar

Hai algúns días, a lectura neste diario dun artigo de don Vicente Araguas sobre o vello Inferniño, fíxome rememorar moitas vivencias, relacionadas con aquel escenario deportivo, no que me eu criei. De entre todas, lembro especialmente dúas, pola súa intensidade emocional. Unha, protagonizada polos irmáns xemelgos Fernández Anca: Cholo(Deportivo) e Pepe (Rácing), fundidos nun forte abrazo, camisola branquiazul e camisola verde, despois dun tremendo encontronazo nun partido Rácing–Deportivo, mentres os espectadores, dun e doutro equipo, postos en pé, estalaban nun atronador aplauso. A outra, con motivo do mitin de don Santiago Carrillo, con outro cheo memorable do estadio, ateigado de traballadores, homes e mulleres, que celebraban a chegada da liberdade. O remate da intervención do destacado político foi acompañado dunha impresionante salva de aplausos, mentres polas fazulas de moitos vellos traballadores, esvaraban grosas lágrimas. Inesquecibles as dúas, non si?   

Rememorar

Te puede interesar