Relixión nas escolas

Con cada cambio de goberno xurde o problema educativo e a cuestión da relixión. A min paréceme que a relixión é unha disciplina que debería estar presente no sistema educativo, pola grande influenza que tivo e aínda ten, no desenvolvemento da humanidade e na evolución do pensamento. Coido que é indispensable que todos os estudantes teñan unha idea moi concreta do que representa calquera relixión, que non é outra cousa que unha filosofía, un xeito de entender a vida e a busca da verdade que, para moita xente, non ten sentido sen o sentimento relixioso; mais hai que limpar a relixión, calquera relixión, do fanatismo, que é o verdadeiro inimigo da verdade. Porque seguramente, ningunha relixión é mala, senón que é malo o uso que se fai dela. Por exemplo, no caso da relixión católica, saber o que foi a Inquisición, non lle fará mal a ninguén. E supoño que en todas as outras relixións haberá cousas que censurar, por mor dalgún comportamento fanático. Pois iso.

Relixión nas escolas

Te puede interesar