Redes

Non sei cando se inventou ese artificio da rede, pero o que si coñezo é a súa utilidade para atrapar persoas, animais ou cousas. Feita de cordas ou fíos de nailon, coa rede atrápanse peixes, paxaros ou animais salvaxes e, utilízanse tamén para subir e transportar cousas, penduradas de guindastres. Mais a palabra rede abranga moitos outros significados, todos con sentido de organización ou conxunto. E agora, con iso das novas tecnoloxías, apareceu a chamada rede de redes, un novo artificio inmaterial, que serve como medio de comunicación, informativo, cultural e de entretemento, que tamén  atrapa ás persoas, de tal xeito, que xa se fala da existencia de dependencia da rede, como se dunha droga se tratara. Segundo os entendidos na materia, seica a vantaxe do acceso á información e á cultura, está sendo anulada pola aparición de novos xeitos de delincuencia, converténdose nun perigo que está aumentando o traballo dos axentes da lei. Ollo pois coas “redes”.  Con todas...

Redes

Te puede interesar