Reciclar

quela frase do Príncipe Hamlet,”to be or not to be”, ser ou non ser, está tan cargada de significado que se pode aplicar a calquera cousa, incluso no tema da reciclaxe, pola importancia que iso pode ter. É dicir que a cuestión podería ser, “reciclar ou non reciclar”. Coido que “os que mandan” deberían poñer máis énfase no empeño de convencer aos cidadáns dos beneficios desta actividade ecolóxica e, ao mesmo tempo, axudar a facelo con eficacia, establecendo a obligación  das empresas de sinalar cunha marca, símbolo ou color, o destino reciclador de cada consumible. Algúns xa veñen correctamente sinalados, pero moitos poden xerar dubidas sobre o contenedor apropiado, especialmente os compostos de dous ou máis elementos, como cristal e plástico ou metal. E aumentar o número de recipientes, cunha distribución axeitada. Difícil? Vale, pero difícil era facer a Catedral de Santiago e aí está. E, xa que logo, “querer ou non querer”. Digo eu, claro, pero hai tanto que facer...!

Reciclar

Te puede interesar