Rebelión

a choveu, desde que don José Ortega publicara aquel libro titulado “La rebelión de las masas”. Esa rebelión ou masificación, prodúcese en todos os aspectos da vida cotiá e está presente, como unha invasión, ou como un xeito de rebelarse contra todo e contra todos, amosando o inconformismo do “home masa”. Mais curiosamente, aparece tamén unha especie de rexeitamento contra desa rebelión masificadora por parte dos non considerados “masa”. Lembremos as protestas dos primeiros automobilistas, que chamaban “domingueros”, aos que tardiamente chegaban a comprar un coche que só podían disfrutar ese día, por ter que traballar arreo o resto da semana para poder pagar “as letras” do seu humilde seiscentos. Ou a protesta despectiva de certos hostaleiros, contra o turismo masificado que cualificaban como “de zapatilla”. Ou a indignación dalgún intelectual por tanto “indocumentado”escritor de libros. É a masificación rebelde ou a rebelión das masas, que tanto ten. Digo eu, claro. 

Rebelión

Te puede interesar