Rebaixa

Seica o goberno ferrolán está a ter moitos atrancos, por mor do custo dos servizos que está obrigado a ofrecer aos cidadáns. Critícano pola recollida do lixo, polo abuso dos recibos da auga, polo xeito de realizar o saneamento, depurando sen necesidade a auga da chuvia, que aumenta o gastos de enerxía e, loxicamente, o importe da depuración, a máis de impoñer un un prezo inxustificado. Certo que non todos os problemas son achacables a este goberno, pois o deterioro das rúas e beirarrúas, xa ven de lonxe; nalgún caso, como o da fochanca que hai no empalme da subida ao raposeiro, que xa leva alí preto de dez anos e agora xa son dúas. Para contrarrestar as subidas, eu proporía unha rebaixa no recibo do rodaxe. Sería unha medida xusta, pois limitaron moito as rúas a percorrer polos automóbiles e, ademais, sería ben acollida por moitos veciños e por todos os concelleiros, (supoño que todos teñen coche) porque xa se sabe, tratándose de aforrar cartos... Non é? 

Rebaixa

Te puede interesar