Prohibir

Alguén dixo que, nunha verdadeira democracia, debería estar prohibido prohibir; mais non parece doado alcanzar semellante nivel de democracia e, por iso, as prohibicións son máis abondosas do desexable. Algunhas, como a venta de certas drogas, son ben acollidas en xeral, como medio de protexer a saúde pública; tamén parece unha boa decisión sancionar a venda de alcol e tabaco a menores, e non se descarta a posibilidade de censurar o uso de teléfonos móbiles para os máis cativos, dentro de certa marxe de idade. E xa metidos a prohibir, poderíase controlar a venta deses cartuchos de pintura tan empregados por rapaces pouco respectuosos cos muros, paredes e fachadas, públicas ou privadas, que quedan emporcadas, co conseguinte cabreo dos afectados e o gasto que supón limpar e volver a pintar, sen ningunha garantía de duración da limpeza. E xa non prohibir a venta, mais poderíase anotar o número de carné dos compradores ou dos seus responsables. Digo eu, claro.

Prohibir

Te puede interesar