Previsible

supoño que as novas que os medios aportaron estes días, sobre o posible intento de asasinar ao Presidente do Goberno, non collerían moi de sorpresa aos que, dun xeito descarado, trataban de encirrar aos fanáticos na súa contra, é dicir, “botarlle os cans enriba”. Coido que non hai que ser moi intelixente para decatarse de que, toda esa restra de insultos e ofensas contra o señor Sánchez, chamándolle “golpista” e acusándoo de colaborar cos que “queren romper España”, podían desatar as iras dalgún descerebrado, dos que seguen a dar creto a aquela entelequia de “centinela de occidente” ou “unha unidade de destino no universal”. Para eses perigosos elementos, esta ofensiva de supostos agravios á súa “sagrada patria”, pode resultar algo así como o clarín de chamada á guerra sen cuartel ou ao sinal da apertura da veda para os cazadores. Paréceme que isto era bastante previsible, aínda que sexa un caso illado. De calquera xeito, non convén baixar a garda. Penso eu.   

Previsible

Te puede interesar