Por que non?

Coido que escribir é un xeito de expresar os sentimentos, as preocupacións ou as ideas que cada quen, pode ter gardadas no máis profundo da súa alma. Ou se cadra, para intentar comunicarse cos outros e compartir aqueles sentimentos ou ideas. Mais parece que, publicar o que escribas, pode ferir os sentimentos daqueles que fan un “altar” da literatura e que pensan que escribir, é un sagrado dereito daqueles que dominan a arte da comunicación. Malia todo, escribir pode ser gratificante, por saber que es quen de xuntar unhas poucas letras, sen máis coñecementos e documentación que a túa experiencia vital e os calos das túas mans, forxados no duro traballo na terra, no mar ou na fábrica, onde se producen os bens dos que pode disfrutar o “intelectual” que a ti che nega o dereito a encher unhas follas con “catro vaguidades” Así pois, hai que escribir, porque pode ser que alguén lea o que escribes e sintonice coas túas inquedanzas. E xa que logo, por que non? 

Por que non?

Te puede interesar