Polémica estéril

O asunto ese do “Pin parental” estase a converter nunha polémica estéril, como unha máis das que ultimamente véñense producido no ámbito da política española. Coido que o problema non está en como se educa aos rapaces na escola, senón na educación que se lles da na casa e, por riba de todo, co exemplo que reciben do comportamento dos maiores do seu entorno. E aínda con un bo exemplo, cada rapaz é un mundo interior tan complicado, que nunca se sabe moi ben por onde se lle pode guiar; porque do pai máis honrado sae un fillo ladrón e viceversa; e do pai máis relixioso sae un fillo ateo e ao revés. Seica o indispensable, segundo os educadores é, ensinalo a pensar, a razoar e a respectar as ideas dos outros, pois que sen ese respecto, calquera esforzo educativo non serve de nada. Sen profundar moito na cuestión, semella que é aí, precisamente, onde radica a solución do problema: respecto ao xeito de pensar dos outros, acompañado dunha boa dose de sentidiño. Paréceme a min, claro.

Polémica estéril

Te puede interesar