Perseveranza

Entre as cualidades negativas dos nosos políticos, como a incontinencia verbal, a mentira, os insultos, as ameazas, ou descubrir as falcatruadas dos outros calando as propias, deberíamos incluír unha cualidade positiva como é a da perseveranza. Neste aspecto, coido que ninguén salienta sobre os demais, pois todos amosaron unha teimosía encomiable, por facer bo o dito de “quen a sigue... ”. No caso dos  “xefes”, temos, por exemplo: a perseveranza do sr. Sánchez para acadar a Presidencia do Goberno; a do sr. Iglesias para colarse no “podio” e romper o bipartidismo; a do sr. Rufián, para impoñer un monólogo, que non o diálogo; a do sr. Casado, por insistir na defensa dunha unidade española que nunca existiu (xa o dixo don Antonio Machado con aquilo de “una de las dos Españas ...); a do sr. Abascal por ser o novo “portador dos valores eternos”; e a da sra. Arrimadas, por teimar en “marcarlles a ruta” aos afiliados socialistas. Perseveranza si, pero... sempre positiva?   

Perseveranza

Te puede interesar