Pasar páxina

Unha vez rematado o desaloxo daquel que algúns chamaron “indigno okupa”, non se fixeron agardar as declaración, facendo chamamento á concordia, á convivencia, á reconciliación e a esquecer odios e rancores. Mais semella que non serán ben acollidas esas boas pretensión, sobre todo por parte dos que provocaron e seguen a provocar ese odio. Porque parece que o rancor segue a vir da parte dos que fachendean de ter gañado aquela malfadada guerra. Eu non vexo doado que esa clase de xente renuncie ao odio, porque sen iso, nada lles queda. E teñen que seguir furgando nas feridas dos outros, aos que so lles queda a dor e a esperanza de acadar unha digna sepultura para os seres queridos que lles foron arrebatados polo instinto bestial dos asasinos. Non. Non é agora o momento da reconciliación, pois, como se pasa a páxina da dor? Quedan abertas moitas feridas que tardarán aínda anos e anos en sandar. Esperemos que o tempo remate coa fachenda duns e a dor dos outros. Pero eu xa non o verei, claro.

Pasar páxina

Te puede interesar