Orzamentos

Seica se queixa o noso Presidente, o señor Feijoo, de que os galegos non estamos ben tratados nos orzamentos do Goberno Central. E coido que debe ter razón, se nos paramos a pensar na falta de apoio da nosa  industria, no abandono da nosa Galicia Rural  ou nas pobres condicións da nosas infraestruturas. Pero queixarse non abonda e os políticos galegos deberían matinar neste asunto. Eu recomendaríalle ao noso Presidente, que ameazase ao Goberno estatal con pedir a Independencia para Galicia, a ver se así... Claro que iso sería meterse no terreo do BNG, cousa que, posiblemente, non sería ben recibida polo nacionalismo galego. A non ser, claro está, que todos estivesen de acordo, pois entón si que se ía montar unha ben gorda. E de paso, romper relacións con Euzkadi e Cataluña, que só están ao deles e só se lembran de nós cando lles convén. Claro que todo isto non é máis que un xeito de falar por falar, así que non me fagan moito caso. Pero, verdade que sería boa se colara?

Orzamentos

Te puede interesar