O xogo

Por fin parece que a xente do común está a se pronunciar en contra do xogo, esa lacra que está a complicar a vida de moitas familias. É impresionante a proliferación de sistemas inventados para inducir aos incautos a arriscar o seu diñeiro para encher os petos dos creadores desa ”trama”. Lembro algunhas frases que oín cando era novo: “No xogo, sempre gaña o banqueiro”; e, “o que xoga por necesidade, perde por obrigación”. A triste realidade é que, converteron o país nun enorme “casino”, cheo de máquinas  “tragaperras”, “bingos” e toda caste de sistemas de apostas. Incluso a TV colabora estendendo esta mala costume, que remata por se converter nun perigoso vicio. É curioso o xeito de querer xustificar o anuncio do xogo, dicindo “juegue con responsabilidad”. Coido que iso é totalmente inxustificable, porque a verdadeira responsabilidade estaría en NON XOGAR. Porén, hai tantos intereses a favor do xogo, que non se agarda unha actuación seria neste tema. Mágoa, nonsí? 

O xogo

Te puede interesar