O “Trampas”

O escándalo protagonizado polos seareiros do Presidente de EEUU, fixo correr regatos de tinta; é dicir, moita menos tinta da que se gastaría se non fose porque o C19 ten acaparadas as páxinas dos xornais e os programas da TV. De calquera xeito, o tema aínda dará que falar durante moito tempo, pola gravidade duns feitos que parecían imposibles nun país que pasaba por ser un exemplo de Democracia a imitar polos demais países do mundo civilizado. E mira por  onde, agora parece demostrado que a civilización e a democracia Yanqui, era só de propaganda, tal como se supuña cando de pouco en pouco aparecían noticias de brutalidade policial ou asasinatos múltiples cometidos por elementos descerebrados. Certo que non se pode xulgar a todos por uns pouquiños, mais semella que xa non son tan pouquiños. Como aquí e en calquera outro lugar, pois como di o refrán, “en todas partes cocen fabas”. Resumindo, que a Democracia dun país depende do civismo e a cultura de todos e cada un dos seus cidadáns. Algo coñezo da vida e da xente normal en USA, e coido que non son mellores que nós. Penso eu, claro.

O “Trampas”

Te puede interesar