O noso Concello

Cando hai eleccións municipais, sempre sinto un certo descorazonamento, porque ningún dos candidatos á alcaldía (agora son 11) promete no seu programa unha dignificación ou rehabilitación desa Institución ferrolá, á que moitos consideramos como politicamente desacreditada e, mesmo degradada. Porque o Concello de Ferrol estafou e estafa, a moitos cidadáns; porque incumpre acordos plenarios, unánimes ou maioritarios; porque contratou ben caro un expediente desastroso, no que se insulta aos veciños e aprobouno por maioría; porque se aproban en Pleno algúns informes que poderían ser cualificados de falsidade documental; e porque xoga a unha Democracia falsificada e prostituída, cando permite falar aos veciños, para non lles facer maldito caso. Esaxerado? Pois non, porque sei  do que estou a falar, e exemplos hai dabondo. Mais o problema é: “Quen lle pon o cascabel ao... Concello”? A Xustiza? Non sei, non sei. Porque o Concello deféndese cos cartos de todos. Ou non é?

O noso Concello

Te puede interesar