O centro

Días atrás, lin un artigo dun destacado colaborador deste xornal, que comentaba a busca do “centro” por parte dalgúns partidos políticos, cando se achegaban as eleccións. E dicía o autor que: “El centro no tiene una base ideológica en sentido estricto”, e que: “en el centro no se encierra una respuesta única”. Isto fíxome lembrar que, hai xa anos, nunha das miñas visións, fixen unha comparación do centro en política, co polo neutro na electricidade, pois que ningún deles serve para nada por si mesmo. Coido que aqueles que se definen ”de centro” son unha especie de camaleóns políticos, que mudan a cor segundo convén. O artigo non tiña desperdicio. Mágoa que non o leran os do “si, pero non” ou os de “non sabe, non contesta”; porque definía dun xeito doado de entender, o que debería facer un dirixente “de centro”. Segundo eu entendín, a cuestión non é ser “de centro”, senón, estar centrado, ou saber centrarse. Algo que todos deberiamos tentar. Eu tamén, claro. Por suposto. 

O centro

Te puede interesar