O camiño

icir que algo terá a auga xa que a bendicen, pode ser un xeito de salientar algo que se considera moi importante. Coido que hai moitas cousas salientadas nas diferentes ordes da vida, nas ciencias, na filosofía, nas artes, na literatura... Entre as moitas cousas destacadas nesta última, atopo moitas alusións a “o camiño”, por parte de grandes escritores e poetas, que o mencionan tanto no terreal como no imaxinario. Algún di que “non hai camiño”, senón que, “faise camiño ao andar”. Outro afirma que o camiño ten “dúas puntas” e que “nas dúas alguén o agarda”. Outro máis cóntanos que o arrieiro vai “prendido na maxia dos camiños”. En calquera caso, hai un camiño que inexorablemente temos que andar todos, desde a punta onde nos reciben, ata a outra onde nos despiden, ao rematar a viaxe, deixando tras nós unha estela como un camiño entre as estrelas. Desculpen esta divagación. Debe ser cousa deste tempo que non remata de asentarse. Do tempo e dos anos, claro.



 

O camiño

Te puede interesar