O Nobel

Semella que a algunhas persoas nos lles gustou que lle concedesen o Nobel a Bob Dylan. Eu coido que os noruegueses teñen todo o dereito do mundo a premiar a quen queiran e paréceme un debate inútil se o merece ou non. A min gústanme as súas cancións, especialmente a do “vento”, aquela que di que o vento traerá as respostas a tantas preguntas, como, cando calarán os canóns,  cando poderá descansar a pomba da paz ou, cantas veces pecharemos os ollos para non ver tantas mortes. Mais o poeta sabe que non é o vento o que pode salvar á humanidade, se non a vontade de todos, para abrir os seus oídos aos gritos de desesperación da tanta xente e abrir o seu corazón para acubillar nel á branca pomba. O vento é o medio utilizado para nos lembrar a inxustiza, as guerras, a fame, o frío e a tantos seres humanos que non coñecen a paz e a liberdade. Con Nobel ou sen el, cada vez que sople o vento, eu seguirei lembrando a este xenial cantor e ao seu Blowin´in de Wind. Prométoo.

 

 

O Nobel

Te puede interesar