Máster

Semella que os títulos académicos son moi importantes en política e por iso, hai xente que non repara en medios para acadar algún, co que adornar os seus méritos. Esta vez descubriuse o caso da señora Cifuentes, pero non é o único nin o primeiro, pois antes xa houbera varias persoas descubertas con falsas titulacións. O de dona Cristina non é algo excepcional, pero sirve para descubrir fallos na designación dos políticos e, mesmo no funcionamento das universidades. Coido que este é un caso lamentable, pois a señora Cifuentes parecía unha persoa seria, educada e capacitada, que xurdía no horizonte do PP, como unha posibilidade de rexeneración e modernización do partido máis reaccionario e corrupto de toda a dereita europea civilizada. Síntoo por ela, porque tivera que pasar por esta fase de “Master-tomía”, porque tal vez a política do país perda con ela unha posibilidade de rexeneración, que boa falta nos fai. Digo eu, claro. E sen querer presumir de “listillo”. Vale? 

Máster

Te puede interesar