Máis Simboloxía

O tema do laciño amarelo está a dar moito que falar, que é o que pretenden os separatistas cataláns, pois sen ese distintivo non parece que a república catalá teña moito futuro. A Historia está chea de grupos que escolleron cadansúa simboloxía para se diferenciar dos outros. 
Por suposto, iso ía acompañado da apropiación de bandeiras e a presunción dun patriotismo que se lles negaba aos que non comulgaban coas súas “rodas de muíño”. A estrela vermella, a cruz gamada, a camisa negra, o xugo e as frechas, son algúns dos exemplos máis coñecidos. Agora é un laciño amarelo o que lles da título de patriotas aos seus portadores, que o locen con fachenda, como indicativo da súa valentía e a súa honorabilidade, mentres “os outros” son considerados como traidores a unha república só real nas súas fantasías. O malo é que hai xente que non atura tanta estupidez e está a caer na trampa da provocación, quitando laciños, no canto de fachendear poñendo outros de cor distinta. Por que non?

Máis Simboloxía

Te puede interesar