Máis polémica

Seica o asunto da lei do aborto na Arxentina volveu poñer de actualidade este delicado tema. Coido que non habería que orientar a polémica cara á defensa da vida a ultranza, senón dirixíndoa a proporcionar a todo ser humano unha vida digna. Cando se realizan manifestacións en contra do aborto, habería que preguntar aos participantes, se estarían dispostos a acoller na súa casa e nas súas vidas a un deses meniños diminuídos, aos que ninguén pode prometer unha vida digna; porque vivir non é só respirar, comer e durmir. Eu, unha vida así non a querería para min; e penso que, se eles puideran escoller, dirían o mesmo. Ben sei que o tema é moi complexo e que hai moitas sensibilidades que poden resultar afectadas polas diferentes solucións que se lle dean ao caso, pero o que non me parece axeitada é a actitude de aqueles que defenden a vida por que si, sen máis consideración e respecto ás opinións contrarias. E conste que lles quero ben aos picariños. A todos. Abofé.

Máis polémica

Te puede interesar