Ledicia

Haberá quen diga que as cousas en Ferrol non se moven e que o goberno municipal non fai nada, pero iso é porque non len os xornais. Se leran, saberían da ledicia dos nosos gobernantes, polo rotundo éxito das festas, malia as tachas que lles poñerán os “contras” de sempre e, porque os picariños xa poden xogar sen perigo nas rúas da “vila de mañá”. Ou sexa, que estamos nun momento decisivo para a nosa cidade, coa preparación do futuro posta a andar. Mais coido que habería que concretar as lindes da “vila de mañá”, para saber se só se trata da zona libre de coches ou se tamén inclúe aquelas zonas nas que os camións, as furgonetas e os turismos andan por riba das beirarrúas. Xa vexo os carteis anunciadores: “Aquí comeza “a vila de mañá”. E a outra: Sae vostede da “vila de mañá”. Mágoa que para moitos cidadáns, quedarán un feixe de problemas sen amañar, mais iso non vai restarlle méritos aos sacrificios dos nosos gobernantes, nin mermar a súa ledicia. Abofé que non.

Ledicia

Te puede interesar