Inseguridade

En Ferrol, estamos asistindo a unha campaña pre-electoral sen precedentes, a cargo do candidato do PP, que un día si e outro tamén, aparece nos medios presentando unha das cen propostas que parece ter preparadas, algunhas de tal importancia que, necesariamente teñen que espertar a desconfianza dos cidadáns. É evidente que resultaría imposible enfrontar todas esas intervencións nun só mandato, por falta de tempo e de cartos, por moito que o apoiase a Xunta de Galicia, no caso de que seguira gobernada polos populares. Esta impresionante “ofensiva” parece amosar a inseguridade do candidato. Claro que tamén demostra o coñecemento da falta de memoria da xente, que xa non se lembrará daquelas promesas escritas perante notario, como a que garantía á xente do rural o disfrute das mesmas condiciones e en igualdade de oportunidades que os “urbanitas”. Xa se sabe: “Prometer e non dar aos parvos fai andar”. Como diría o vello do conto, “érache boa se colara!!”  Abofé que si. 

Inseguridade

Te puede interesar