Información

ltimamente parece que os periodistas andan algo cabreados, porque algúns políticos, non conceden preguntas nas roldas de prensa. É doado de entender o enfado dos profesionais da información pois que, facer preguntas é unha parte moi importante do seu traballo; mais tamén hai que ter en conta que, en moitos casos, a intención do que pregunta vai máis aló de obter unha información, senón que se busca a posibilidade de desprestixiar ao entrevistado, en servizo da ideoloxía particular do medio informativo ao que o informante pertence. Sábese que hai algúns medios escritos, de audio ou de imaxe,  moi identificados con certas tendencias políticas, dun ou doutro signo, o que pode ser bo desde o punto de vista da independencia informativa, mais semella que agora a maioría dos medios de comunicación, máis que informar, queren crear un estado de opinión acorde coa súa ideoloxía. E sendo así, a ninguén pode estrañar que os entrevistados non queiran preguntas. Digo eu, claro.

Información

Te puede interesar