Independente

Como nunca fun independente, non sei cal podería ser a vantaxe da miña independencia nin sei se iso sería posible, pero coido que, se se me ocorrese reclamar a miña independencia, non sabería como facelo nin a quen esixirlla. Do que si estou seguro é de que sería obxecto de moitas burlas e chanzas porque, seica a independencia é absolutamente imposible para unha persoa soa. Mais no caso de independencia política, para un grupo, ou un pobo enteiro, o caso é distinto. De feito, hai numerosos casos no mundo de pobos enteiros ou grupos étnicos que loitan de diferentes maneiras para acadar a súa independencia. O quid da cuestión é saber, a quen beneficia esa independencia, a máis dos líderes do tema e, se a xente do común deses grupos van saír gañando, ou se trocan os ollos polo rabo. De calquera xeito, sempre haberá quen tire proveito dos sacrificios dos outros, mentres aos que lles toque “serrar de embaixo, seguirá caéndolles o serrín nos ollos”. Digo eu, claro.

Independente

Te puede interesar