Humorismo

A día de hoxe semella inevitable escribir algo sobre Cataluña e a súa anómala situación, mais se analizamos algunhas frases, actitudes e declaracións dos republicano-separatistas, atoparemos que o mellor xeito de tratar esa información é facelo en clave de humor. Lembro que, cando o franquismo, o humorismo era imprescindible, para os xornalistas e para os lectores. Seica se esta a dramatizar unha situación que sería mellor tomar a broma, pois doutro xeito, non se podería entender que se propoña “disponer de un ejército integrado en la OTAN”,  ou que se diga que “los españoles son seres inferiores que sólo quieren expoliar” ou que  se chamen “anticapitalistas” e queiran estar en Europa. E por riba, ese ridículo laciño amarelo como distintivo de clase.  Eu propoño sinalar un día, para poñer todos o laciño, pois que temos dereito á nosa independencia e á república, cada un, na súa casa.  República? Independencia? Vale, pero por favor, un pouco de sentidiño. Digo eu, claro.

Humorismo

Te puede interesar