Hai posibilidades?

Cando vemos na TV as numerosas construcións de impresionante tamaño, como enormes edificios, incribles pontes, descomunais máquinas e abraiantes proxectos interplanetarios que parecen unha auténtica loucura, temos que chegar á conclusión de que hoxe, calquera cousa se pode facer; e nembargante, semella que non hai posibilidades para solucionar a penuria de medio mundo e, o continuo éxodo de pobos enteiros fuxindo da fame e das guerras. Xa se dixo que este problema había que amañalo na súa orixe, é dicir, solucionando “in situ” as carencias de cada territorio: onde falte auga, preto do mar, potabilizadoras; onde falte enerxía e haxa sol e vento, placas solares e xeradores eólicos; e se o mar está lonxe, quilómetros de grosa tubería para transportar a auga, que ao mesmo tempo, axudarían a evitar o ameazador perigo do aumento do nivel do mar. Imposible? Todos sabemos que non, mais outra cousa é querer, porque poder, coido que está claro que “si se pode”. Ou non?

Hai posibilidades?

Te puede interesar