Fabas

EEste froito da clase das gramíneas, non só serve para facer excelentes guisos, senón que tamén serve como exemplo comparativo das trapalladas que se fan nas diferentes ordes da vida e, tamén no eido da politica. Así, cando alguén é censurado por algunha falta de cortesía, adóitase dicir que, “en todas partes cocen fabas”. Esta especie de “retruco” ven a conto, pola visita que, ao barrio de Ferrol Vello, fixo recentemente a Conselleira de Vivenda, que estivo acompañada por dous concelleiros do Partido Popular, pero non polo Alcalde da cidade ou por calquera outro membro do goberno local. A min deume a impresión de que nesa ocasión houbo unha incorrección por parte da representante da Xunta, como cando aquel Ministro do Goberno Central visitou Galicia sen saudar ao sr. Feijóo. Semella que houbo incorrección nos dous casos, malia que un dos actos era oficial, e o outro non. En calquera caso, o asunto non ten maior importancia, porque, “en todas partes cocen fabas”. Non è?

Fabas

Te puede interesar