Estado de Dereito

Hai días foi noticia a sentencia condenatoria contra unha señora de Ferrol, avogada e feminista, por máis sinais, (cuxo nome lembro moi ben), seica por lle ter chamado machista a un xuíz, (cuxo nome non quero lembrar). Pero, querida señora: como se lle ocorreu semellante agravio? Non sabe vostede que, nun Estado de Dereito, é impensable que haxa xuíces ladróns, corruptos ou machistas? É impensable e punto. Mais se por un intre, a súa desbocada mente o pensa, mellor non o diga. Non se fíe da liberdade de expresión, porque se cae vostede nesa trampa para inxenuos, o estado de dereito pódese volver “estado do revés” e, Zas! Zas!, lle zorrega dúas labazadas xudiciais, unha de multa e outra por indemnización, para que aprenda a respectar o estado de dereito ... do estamento xudicial. Chámelle corrupto e traidor ao Presidente do Goberno, e non pasa nada. Pero lembre o que lle pasou a aquel alcalde andaluz que dixo que en este país, a Xustiza era un “cachondeo” e, seica lle foi moita hora. Pois iso.

Estado de Dereito

Te puede interesar