Eran once

Un exame superficial daqueles programas que cada un dos once candidatos ä alcaldía presentaban á cidadanía, permite descubrir as moitas carencias da nosa cidade, a xulgar pola diversidade das medidas propostas, xa que só na mellora dalgúns servizos públicos, atópase certa coincidencia; por outra banda, albíscase a intención dos candidatos, desde quen ofrece “grandes proxectos”, ata o que ofrece “os mesmos servizos para o rural”, repetindo unha promesa incumprida oito anos atrás; ou desde o que propón o cumprimento do “convenio con Defensa”, ata o que esixe a Defensa e outras institucións, que “cumpran coas súas obrigas tributarias”; desde quen fala dun “plan especial  do borde do litoral”, ata  quen quere “recuperar as nosas rúas” ou “manter a cidade limpa”; desde quen quere “pararlle os pés” a un Estado, que ten a Ferrol marxinado, ata quen quere “máis papeleiras e bancos”. Resumindo, todos tiñan prioridades, mais a realidade é que nos falta de todo. Ou non é?

Eran once

Te puede interesar