Equilibrio europeo

Hai xa un par de séculos que alguén dixo que: “O equilibrio europeo é o grande secreto da política moderna”. Outros grandes pensadores, consideraban a Europa como unha nación de nacións. E pois, que queda hoxe daquela política moderna? E, si para que haxa equilibrio, ten que haber máis dunha opción, ou sexa, pluralidade, cunha soa opción, non teríamos a unidade do totalitarismo? E, xa que logo, como acadar a unidade da pluralidade? Velaí a dificultade da unidade europea, situación que poderiamos aplicar a España e a varios estados europeos, que non son quen de realizar a unidade no seu propio interior. Dise que, a pluralidade é necesaria e desexable; e que, a unidade é desexable e necesaria, para acadar un maior grao de civilización. Ese podería ser o grande reto da política europea actual: a unidade interior de cada estado, feita pola educación dos pobos na igualdade e na solidariedade humana, porque sen esa educación, non hai xeito. Penso eu, claro, pero...

Equilibrio europeo

Te puede interesar