Entendemento

Antes da formación do goberno estatal, falábase da posibilidade dun entendemento entre PP e PSOE, “para formar un goberno estable, solvente e eficaz” Non sei se sería posible a nivel estatal, pero concretamente en Ferrol, as actuacións dos “populares” cando gobernaron con maioría en Concello, Deputación, Xunta e Goberno Central, non se notou melloría para Ferrol, senón máis ben ao revés; e temos exemplos negativos do seu pretendido cariño pola cidade, porque a súa actuación sempre foi máis proclive a destruír que a conservar. Entre outros casos, lembremos a demolición do Bambú Club que, podería cualificarse como “malversación”, pois ademais do gasto que supuxo por un capricho, fixo desaparecer do Patrimonio do Concello, seis vivendas e dous baixos comerciais e, como beneficiario, unicamente a empresa do derribo. Coido que sería moi difícil acadar solvencia e eficacia para os cidadáns de a pé. Mais se cadra estou nun erro. E xa me gustaría ter que rectificar. Abofé.

Entendemento

Te puede interesar