Diferenza

Cando eu era mozo (¡e xa choveu!) adoitabamos nomear á Semana Santa, como: “A semana tonta”, pola obrigación que tiñan os establecementos públicos de pechar durante os días máis sinalados, quedando a vila sen cine, sen comeracios e sen bares; mesmo nas tendas só podías mercar o pan e pouco máis. Era aquela unha auténtica ditadura eclesiástica, ata o punto de que nas procesións, había que poñerse de xeonllos ao paso dos tronos e gardar un silencio sepulcral. A Bazán aportaba carruaxes e as bandas de música. A presenza militar era importantísima, cos mariñeiros e soldados que escoltaban os tronos, as respectivas bandas de música e os oficiais de maior grado cos seus uniformes de gala. Máis tarde eran os mariñeiros que estaban na “mili” os que portaban os tronos, aínda que, moi lonxe da espectacularidade de hoxe. Para moitos será mellor, pero para os máis crentes, seguramente perdería moito do seu significado espiritual. En todo caso, a diferenza é, sen dúbida, abismal.
 

Diferenza

Te puede interesar