Diálogo

Oproblema catalán puxo de manifesto a necesidade de diálogo para atopar unha solución, mais non está claro que ese diálogo, serva para amañar o que a simple vista non parece ter un doado arranxo. Para comezar, hai que concretar quen vai participar nese diálogo, pois semella que os que antes non foron quen de amañar nada, non o van facer agora.  Ademais, as eleccións amosaron que, ningún dos dous, están lexitimados como representantes das partes, porque por unha banda, don Mariano, rexeitado por 17 millóns de votantes, non representa á maioría de españois; e pola outra don Carles, que ademais de no ser apoiado polos outros independentistas, foi rexeitado por máis de dous millóns dos seus paisanos,tampouco representa á maioría de cataláns. Xa que logo, velaí o primeiro obstáculo para ese tan cacarexado diálogo: designar aos “dialogantes”, que non poden ser eses dous, nin teñen por que ser dous. Hai outras solucións, pero como eu non son quen para dar ideas... Pois iso.
 

Diálogo

Te puede interesar