lunes 18.11.2019

Dereito de propiedade

ecollido dun artigo do Catedrático don Jaime Rodríguez Arana, publicado o luns día 4, neste xornal. “Hay que evitar que, en la delimitación del derecho de propiedad , de acuerdo con su función social, penetren versiones más o menos autoritarias, que conviertan dicho derecho en una quimera, en pura ilusión. Algo que suele ocurrir desde aproximaciones autoritarias al plan urbanístico…”. Mágoa que don Xaime non sinale a forma de poder evitar esa “penetración autoritaria”, contra da que veñen loitando os primeiros adxudicatarios das Casas Baratas de Recimil e os seus herdeiros, estafados desde hai setenta anos, marxinados, humillados e insultados, polo Concello de Ferrol, sen que, ata agora, ninguén quixera admitir as súas lexítimas aspiracións. E, semella que tampouco será este novo goberno Municipal, o que vaia amañar esta falcatruada, pois xa lle foi pedida audiencia, pero non da “sinais de vida”. Os veciños piden diálogo, como Torra, pero non teñen o “mesmo peso específico”. Por iso.  

Dereito de propiedade
Comentarios