Cualificativos

Lin hai pouco que, o Xefe do PSOE galego acusaba ao Xefe da Xunta

Lin hai pouco que, o Xefe do PSOE galego acusaba ao Xefe da Xunta de “cinismo político”, pola reclamación dos dous millóns de euros, que reclama agora ao goberno central e que non reclamou antes. O curioso da cuestión é, a utilización dun cualificativo para suavizar o feito de chamarlle desvergonzado ao presidente Feijóo, subterfuxio que se podería aplicar con diversos cualificativos a diferentes cuestións. 
Por exemplo, no caso de negar a esaxerada espera en moitos casos do Sergas, sería “cinismo sanitario”; ou no caso de destinar varios millóns para a mellora da paisaxe, tendo a Reganosa dentro da ría de Ferrol, podería ser “cinismo paisaxista”. Mais no caso da aberración paisaxista da planta de gas, seguramente non lle interesaría ao xefe dos socialistas galegos tocar ese tema, pois que eles puideron quitala e non o fixeron. Claro que, se cadra, o PSOE daquela estaría incluído no “PAXE”  (o Partido Agora Xa Está) e por iso... Penso eu, claro, pero...