Constitucionalismo

O  problema da vivenda na nosa cidade debería ter unha solución moi doada, pola abundancia de pisos baleiros que aquí hai e, máis aínda, se temos en conta que o Artigo 47 da nosa Constitución, establece o dereito de todos os españois a disfrutar dunha vivenda digna e adecuada. Mais coido eu que, para ter unha vivenda digna, antes hai que cumprir co establecido no Artigo 35, dándolles a todos os españois un traballo coa remuneración suficiente e, cumprir tamén co dereito de todos á educación,  disposto no artigo 27, o que lles proporcionaría os coñecementos e a responsabilidade necesarios, non só para disfrutar daquela vivenda, senón para coidala, conservala e mellorala no posible, sempre coa supervisión dos poderes públicos. Malfadadamente, o cumprimento do que dispón a Constutución, máis que de realidade cotiá, pode considerarse como artigo de fe, que significa crer o que non ves. É dicir, Constitucionalismo si, pero con algo máis que intencións, non é?  

Constitucionalismo

Te puede interesar