Comunismo

Nas épocas electorais, é habitual que os partidos políticos arremetan contra os adversarios, aplicándolles os cualificativos máis dispares. Así, os da esquerda sacan a relucir as prácticas corruptas dos da dereita e, os da dereita tentan asustar aos votantes indecisos, alertándoos dos males que traería un goberno de esquerdas, daqueles que cualifican como “radicais” ou “comunistas”. Ultimamente parecía que a alusión ao comunismo estaba a ser substituída por “populismo”, porque xa non haberá moitas persoas que acrediten naquela idea que “pintaba” aos comunistas con cornos e rabo. Mais parece que aínda hai xente que asimila a trasnoitada mensaxe de PP e VOX. Mágoa que ninguén lles explique que comunismo significa solidariedade, malia que non todos os que se din comunistas practiquen o verdadeiro comunismo. Pero segundo os historiadores, o primeiro comunista da Historia era Xesucristo, que seica foi o máis solidario dos homes. E por iso o mataron, claro. Ou non? 

Comunismo

Te puede interesar