Como se entende?

Coido que a unha grande maioría dos españois, o tema de Bildu é algo que non lles ocupaba moito tempo. En realidade, só se trata dun partido político pequeno, que está presente na política estatal, grazas a unha Constitución que, en moitos aspecto, como o das eleccións,  é unha auténtica chapuza. E xa que logo, como se entende que a “dereita”,(que mellor poderíase chamar “torcida”), lle estea a facer propaganda de balde, baixo a desculpa de atacar ao Goberno? E como se entende que os socialistas do goberno entren “a ese trapo”,  defendendo a un partido “antisistema”, mentres os “peixes grandes socialistas” fan causa común co PP  e contribúen a esa propaganda gratuíta? Que pretenderán gañar con iso uns e outros? Todo isto é só polo tema dos orzamentos?  Ou será porque “tanto Xan como Perillán” coidan sacar rendas electorais? Porque a verdade é que, tanto a uns como a outros, parece que lles foi moi ben co problema de ETA, desde o punto de vista electoral. Non quero ser mal pensado, para xa se sabe aquilo de “pensa mal...  

Como se entende?

Te puede interesar